XOGAMOS CO NOSO CREBACABEZAS

 No CEIP de Parada - Campañó, durante todo o curso estivemos a crear o noso crebacabezas que servirá para xogar de diferentes xeitos e aprender moito sobre a nosa Galicia e as súas comarcas, tendo información das festas, monumentos, xantares típicos, ubicación e moita máis información de cada unha das comarcas de Galicia. Esperamos que vos guste!