No CEIP de Parada - Campañó, durante todo o curso estivemos a crear o noso crebacabezas que servirá para xogar de diferentes xeitos e aprender moito sobre a nosa Galicia e as súas comarcas, tendo información das festas, monumentos, xantares típicos, ubicación e moita máis información de cada unha das comarcas de Galicia. Esperamos que vos guste!
IDADE CONTEMPORÁNEA EXPLICADA POLO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA
DESTINOS DOS NOSOS POEMAS VIAXEIROS!!
Esparraguera!! Unha cidade da provincia de Barcelona!!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O 17 de maio celebramos o día das letras galegas.
Este ano, dende o CEIP de Parada - Campañó levamos a cabo unha iniciativa que nos fixo moita ilusión. Cada neno ou nena do cole escribiu un poema dalgún dos poetas galegos homenaxeados nos diferentes anos das letras galegas e despois, eses poemas, convertíronse en poemas viaxeiros, facendo unha solta de poemas para que a poesía galega poida chegar moooooi lonxe e todo o mundo teña a sorte de poder gozar dela.
Con todo o agarimo do mundo, dende o cole de Campañó ata.... onde chegará?
Creamos códigos QR
Para o noso crebacabezas de comarcas Galegas:
A creación do código QR farase a través deste enlace, seguindo as instrucións:
INSTRUCIÓNS:
CREAMOS
CÓDIGO QR - COMARCAS
1. Tedes que buscar a páxina web que vos interese:
- Unha páxina web que informe sobre a comarca que se vos indica.
- E a localización a través de Google Maps da capital da comarca.
Cando atopedes as páxinas asegurarvos de que a información está en galego. Se atopades noutra lingua, sempre podedes traducir a páxina.
A continuación, copiades o enlace da páxina (o que está rodeado en vermello)
2. Co enlace da páxina copiado, entramos na páxina web para crear o codigo QR, facendo click na seguinte imaxe:
Ingresa tu sitio web,
texto o arrastra tu archivo aquí
(Tu código QR será
creado automaticamente)
Enriba dese texto gris, copiades o enlace da páxina web sobre a comarca ou a localización de Google Maps, que copiastes con anterioridade.
Á dereita, atoparedes un cadro con código QR e abaixo hai, en cor verde, un cadro que pon “Descargar JPG”.
Facede click e automaticamente, creará un código QR.
Cando deades a descargar, tendes que ter un pouco de paciencia, sairá un cadro azul que di
“Tu QR Code está siendo creado No actualizar ni cerrar”
Ten que descargarse automaticamente para imprimir. Se non podedes imprimilo, enviádeo por mail a o voso titor/a.
Curtametraxe:
VIVAMOS COMO GALEGOS
O noso alumnado de 6º de educación primaria levou a cabo esta curtametraxe, feito integramente por eles, sendo os encargados de cámara, audio, claquetas... e os mellores actores e actrices!
Coa intención de reivindicar a necesidade do uso da lingua galega e valorar a sorte que temos por contar con ela.
Esperamos que vos guste!
Proxecto de innovación en dinamización lingüística
Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Quebrazacezas das comarcas galegas
Dende o CEIP de Parada - Campañó estamos a coñecer as diferentes comarcas galegas.
Comezamos por facer un quebrazacezas entre todos os alumnos do centro e mais adiante... poderedes ver o resultado final, onde poderedes coñecer os costumes, festas, tradicións, gastronomía e localizacón das diferentes comarcas.
Dende o equipo de dinamización da lingua galega... esperamos que vos guste tanto coma nós!
Proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística
3 de decembro - Día internacional das persoas con discapacidade
Dende o CEIP de Parada - Campañó colaboramos coa asociación de AMENCER, de Pontevedra, e acollemos o seu lema para xuntar forzas e así participar xunto a eles no día internacional das persoas con discapacidade.
Todos...
#BaixoOMesmoParaugas
-
No CEIP de Parada - Campañó, durante todo o curso estivemos a crear o noso crebacabezas que servirá para xogar de diferentes xeitos e apren...
-
DESTINOS DOS NOSOS POEMAS VIAXEIROS!! Dende o cole estamos moi felices, porque algún dos nosos poemas xa chegou moi lonxe, e outros foron ...
-
Dende o CEIP de Parada - Campañó estamos a coñecer as diferentes comarcas galegas. Comezamos por facer un quebrazacezas entre todos os alum...