"Xamais dominou na miña alma a esperanza da gloria
nin soñei nunca con loureiros que oprimisen a miña fronte.
Só cantos de independencia e liberdade ensaiaron os meus labios
aínda que ao redor sentira
dende o berce xa
o ruído das cadeas que debían apreixarme para sempre
porque o patrimonio da muller son as argolas da escravitude.
Eu
porén
son libre
libre como os paxaros
como as brisas:
como as árbores no deserto e o pirata no mar.
Libre é o meu corazón
libre a miña alma
e libre o meu pensamento
que se alza cara o ceo e descende cara a terra
soberbio como luzbel e doce como unha esperanza"

Para conmemorar esta importante data, todo o alumnado do centro elaborou un adhesivo partindo do poema e dunha imaxe de Rosalía.
E foron aparecendo unha morea de Rosalías ceibes como o pensamento das rapazas, dos rapaces,
LIBRES OS SEUS PENSAMENTOS!