Lingua Forza 3

Hoxe o alumnado de 1º e 2º cursos de Primaria participaron nunha divertida e dinámica actividade ao redor da lingua galega proposta polo Concello de Pontevedra.
Mesturando as áreas de lingua e educación física, un grupo de monitoras comunicáronlle aos nenos  que un novo virus que afectaba á lingua estaba a causar estragos e que para coñecer o alcance da infección era necesario a realización de diferentes probas. Un xeito orixinal de plantexar e comprobar a dificultade dos rapaces e rapazas para expresarse en galego.
Despois das probas, de seguro que a rapazada poñerase a traballar arreo para botar fóra o virus...