TROTACONTOS 2019

 Somos moitos os colexios públicos que cooperamos na realización dun conto que vai "trotando" dun cole a outro co fin de realizar un conto conxunto. Cada ano elíxese unha temática...



Este curso o título elexido foi:


"OLLADAS DE FUTURO"



Cada aula de infantil (3,4 e 5 anos) e o alumnado de 1º EP elaborou a súa propia páxina mais a portada que a fixemos entre todos.

Podedes ver o exemplar dixital pinchando na imaxe da portada:




O mes de maio é o mes da Nosa Lingua e, outro ano máis, contamos cos rapaces de POLO CORREO DO VENTO!!




Quique contounos unha historia que xiraba arredor do noso traballo e da importancia de coidar o medio ambente mentres Carlos ía ilustrando.



Despois puxémonos mans á obra e tamén seguimos os pasos que nos ían indicando para debuxar un golfiño que nadaba polas nosas augas.



E, como broche final, entregaron a todos os participantes un exemplar do conto para levar a casa.

Quedou precioso e  quedaron encantados de ver o seu traballo en formato papel e formando parte dun libriño.

Gracias ó Concello de Pontevedra e a todos os colexios amigos. Esperamos voltar a participar neste proxecto o curso que ven!

Podedes acceder a todas as fotografías, PINCHANDO AQUÍ.