Creamos códigos QR
Para o noso crebacabezas de comarcas Galegas:
A creación do código QR farase a través deste enlace, seguindo as instrucións:
INSTRUCIÓNS:
CREAMOS
CÓDIGO QR - COMARCAS
1. Tedes que buscar a páxina web que vos interese:
- Unha páxina web que informe sobre a comarca que se vos indica.
- E a localización a través de Google Maps da capital da comarca.
Cando atopedes as páxinas asegurarvos de que a información está en galego. Se atopades noutra lingua, sempre podedes traducir a páxina.
A continuación, copiades o enlace da páxina (o que está rodeado en vermello)
2. Co enlace da páxina copiado, entramos na páxina web para crear o codigo QR, facendo click na seguinte imaxe:
Ingresa tu sitio web,
texto o arrastra tu archivo aquí
(Tu código QR será
creado automaticamente)
Enriba dese texto gris, copiades o enlace da páxina web sobre a comarca ou a localización de Google Maps, que copiastes con anterioridade.
Á dereita, atoparedes un cadro con código QR e abaixo hai, en cor verde, un cadro que pon “Descargar JPG”.
Facede click e automaticamente, creará un código QR.
Cando deades a descargar, tendes que ter un pouco de paciencia, sairá un cadro azul que di
“Tu QR Code está siendo creado No actualizar ni cerrar”
Ten que descargarse automaticamente para imprimir. Se non podedes imprimilo, enviádeo por mail a o voso titor/a.