DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O 17 de maio celebramos o día das letras galegas.
Este ano, dende o CEIP de Parada - Campañó levamos a cabo unha iniciativa que nos fixo moita ilusión. Cada neno ou nena do cole escribiu un poema dalgún dos poetas galegos homenaxeados nos diferentes anos das letras galegas e despois, eses poemas, convertíronse en poemas viaxeiros, facendo unha solta de poemas para que a poesía galega poida chegar moooooi lonxe e todo o mundo teña a sorte de poder gozar dela.
Con todo o agarimo do mundo, dende o cole de Campañó ata.... onde chegará?