Educando na igualdade

O alumnado de 2º, 3º e 4º  de Primaria do noso Centro asistíu a unha exposición fotográfica titulada "NAIS E FILLAS" do fotógrafo Xosé Abad.


Cada parella representada aparece en tres fotografías: na primeira aparecen as nais que responden á imaxe tradicional da muller, en moitos casos ligada ao sector primario e con escasa formación académica, pero con moito traballo e oficio. Nais que, cun gran esforzo, procuraron un futuro distinto para as súas fillas, plasmado nunha forma de vida e en oportunidades que elas non tiveron. Na segunda fotografía aparecen as fillas, mulleres que representan á xeración que se incorpora masivamente ao mundo do traballo empresarial e á sociedade desde unha posición enfrontada aos estereotipos tradicionais. Traballadoras dos sectores industrial e de servizos e cunha boa cualificación profesional. Na terceira imaxe aparecen xuntas, próximas e cómplices, sabias e satisfeitas do camiño percorrido.










      Despois do percorrido o alumnado realizou un pequeno taller sobre o aprendido.