DÍA DAS ARTES GALEGAS


Luis Seoane


Fillo de inmigrantes galegos, naceu en Buenos Aires en 1910. A súa familia regresou a Galicia aos poucos anos e en Santiago de Compostela licenciouse en Dereito iniciando tamén a súa carreira artística. Membro do Partido Galeguista, participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía para Galicia. Co estalido da Guerra Civil española exiliouse a Buenos Aires, cidade na que desenvolveu a súa arte facendo ilustracións para diarios, revistas, libros, discos, carteis, ou ben realizando obxectos cerámicos, pinturas e murais, entre outras actividades. Tamén cultivou a literatura e foi promotor de importantes empresas culturais, tanto de Arxentina como de Galicia, xa que nunca abandonou a participación activa na recuperación da cultura galega, cunha adhesión por Galicia que tamén se reflicte nos personaxes, paisaxes e simboloxía da súa obra. Nas últimas décadas da súa vida alternou a súa residencia entre as dúas beiras do Atlántico, culminando en Galicia o seu labor coa creación xunto a Díaz Pardo das cerámicas Sargadelos. Morreu en 1979 na Coruña.

A súa obra sempre permanecerá viva,