TROTACONTOS 2019

                 Como estes últimos anos, varios colexios de Pontevedra levamos a cabo un proxecto común que é a elaboración dun TROTACONTOS. É un proxecto no que colabora o Concello de Pontevedra cos equipos de Dinamización Lingüística dos Centros participantes. Con este traballo tratamos de fomentar a lingua galega e o traballo cooperativo entre o alumnado dos nosos centros.

          Ao principio de cada curso varios representantes dos colexios que queren participar reunímonos para organizar o libro e facemos varias propostas sobre a temática arredor da cal imos traballar.  

             Este curso o título elexido foi "OLLADAS DE FUTURO"   Participamos as 3 clases de infantil (3, 4 e 5 anos) e os dous cursos de 1º de primaria. É un proxecto que nos levou bastantes semanas pero valeu a pena o esforzo...

                Agora están as páxinas na fase de maquetación para ir á imprenta e, no mes de maio, visitarannos os contacontos Carlos e Quique, de Polo Correo do vento, para contarnos historias e traernos os exemplares para cada un dos autores e autoras deste conto tan especial.

            So queda agardar pero mentres os deixamos as nosas páxinas para que poidades ver o traballo aportado polo noso cole.

           (Pinchando na portada pódese ver como se fora  unha revista)



 PORTADA



4º ED.INFANTIL (3 anos)




5º ED.INFANTIL (4 anos)




6º ED.INFANTIL (5 anos)





1º ED.PRIMARIA ( Cursos: A e B )