SAMAGOSTO

Como cada ano achégase o momento do Samagosto no cole e entre tanto preparativo algúns alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria sacaron un pouco de tempo para darnos a coñecer algunhas curiosidades sobre o Magosto...


O Magosto é unha celebración que ten un carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recolleitos, así como homenaxe aos castiñeiros e ás castañas.
Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo das ánimas dos defuntos. Críase que cada castaña comida era unha ánima liberada do purgatorio…tamén se pensaba que había que deixar algunhas castañas sen comer porque despois da festa as ánimas viñan quentarse nas brasas das fogueiras…
Hoxe en día O Magosto é unha festa para asar e comer castañas pero tamén aproveitáse a ocasión para contar historias e lendas arredor do lume, cantar e bailar cantigas e xogar a emborrallarse os uns aos outros coas cinzas que quedaban das fogueiras.





Ademais, non podemos olvidar que é tempo tamén de terroríficas historias e por iso dende a Biblioteca fannos algunhas recomendacións para pasar estes días de ponte...























Feliz Samagosto a todas e todos!!