Primeiro, Jaime explicounos que era iso da micoloxía e ensinounos moitas cousas e curiosidades sobre os fungos e os cogumelos.
Despois, preparámonos cos chuvasqueiros e as botas e saímos a apañar os cogumelos polas inmediacións do cole...
Había un montón, e Jaime ía explicándonos os tipos que atopábamos. Ao final, acabamos coas cestas cheas!
Ao final, Jaime montou unha exposición no cole clasificando os cogumelos atopados indicando algunhas das súas características e os seus nomes.